Homenaxe a Xaquín Gómez Barros


“Coñezamos a nosa situación e xuntos loitemos por mellorala”

Un grupo de persoas que, nos anos 60 e 70 do século pasado, estivemos moi ligadas ó movemento XARC (Xuventude Agrícola Rural Cristián) constituímonos como Comisión Organizadora para render homenaxe a XAQUÍN GÓMEZ BARROS, que foi consiliario diocesano da XARC por aqueles anos na diocese de Santiago de Compostela.

(Para asistir ao acto, ver ao final. Máis información en www.festaxaquinxarc.es).

Vai facer 50 anos que a Xaquín, que este ano cumpre os oitenta, lle encargaron apadriñar unha nova maneira de facer presente a igrexa entre os rapaces do mundo rural.

Con lemas como o que encabeza esta folla, a XARC, co impulso de Xaquín, permitiu que unha xeración de mozos e mozas, nun tempo prohibido pola ditadura, tomase contacto coa problemática do mundo rural galego, reflexionase en torno a ela, descubrindo que a posta en marcha de accións para o cambio pasaban pola implicación social e política, entendida esta como a consecución do cumprimento das nosas metas e intereses como sociedade.


A dedicación directa de Xaquín Gómez Barros ao apostolado rural estendeuse entre os anos 1965 e 1980, quince anos, durante os que desenvolveu un traballo inxente de charlas polas parroquias e comarcas, de reunións de reflexión, de contactos directos cos militantes, cursiños de formación… De toda a masa inmensa de mozos e mozas que se moveron aqueles anos a carón da XARC, Xaquín foi o fermento lúcido, entusiasta, xeneroso sen límites… Nun só ano chegou a contabilizar máis de 30.000 kilómetros percorridos pola complicada xeografía da diocese de Santiago de Compostela e limítrofes, primeiro en moto e logo naquel famoso dous cabalos. Moito tivo que ver o numeroso grupo de cregos rurais que Xaquín foi aglutinando arredor do movemento xuvenil. A través do “movemento rural”, foron entrando nas parroquias as ideas de aggiornamento que promovía o Concilio Vaticano , pero tamén unha nova sensibilidade fronte aos retos do mundo rural e de Galicia.

 

Con esta homenaxe, amais de recoñecer a importancia do traballo de Xaquín (abriu unha fiestra pola que vimos o mundo de xeito diferente, transcendendo a toda Galicia e conectando esa visión co que ocorría no contorno do estado español e no ámbito internacional) queremos deixar constancia, nestas datas tan convulsas, do que supuxo para a nosa formación como persoas a participación nas actividades desenvolvidas por aquel movemento, á parte de sermos testemuñas da experiencia vivida.

 

PARA ASISTIR Ó ACTO

A homenaxe levarase a cabo o día 19 de outubro de 2012, dende as 12 horas, na “Hospedería San Martín Pinario”, situada no edificio do Seminario Maior de Santiago de Compostela.

Os que a organizamos chamamos a participar nela a todas as persoas que tiveron contacto con Xaquín e coa XARC.

O programa comprende un acto relixioso, un acto civil de homenaxe e posta en valor do traballo de Xaquín e un xantar de celebración.

Para asistir á homenaxe pódese contactar ca comisión por correo electrónico en organizacion@festaxaquinxarc.es

Hai unha páxina de internet con información sobre o acto: www.festaxaquinxarc.es

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Noso taboleiro coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s