Somos parvos


A primeira idea era que este editorial se titulase “non somos parvos”, pero certamente sería, á vista de realidade, un optimismo inxustificable. De sermos un electorado intelixente, eles non se portarían como se non o fósemos.

Precisamente porque se dá por suposto a nosa reducida intelixencia, acontece que a Consellería de Industria adxudica mediante convenio, eludindo a libre concorrencia, a principios de verán, a La Voz de Galicia, El Progreso e a El Correo Gallego, 150.000 € a cada medio, para que elaboren e publiquen información relacionada con “estratexias, programas ou iniciativas” da propia consellería. Segundo a páxina oficial da Xunta1, nos convenios establécese que a Consellería “facilitará os datos que considere relevantes para a súa difusión e aqueloutros que sexan solicitados pola empresa, e poderá formular en relación cos datos e informacións as observacións que considere pertinentes …, as cales deberán terse en consideración”. Os medios non advirten aos lectores, vaia, vaia, que se trata de información pagada e dirixida.

Da mesma época e na mesma liña son os convenios de 30.000 € cada un con varias axencias de noticias, pero enfocados a difundir as “actuacións da Xunta, do Presidente e do Consello da Xunta de Galicia”.

Porque somos parvos, debe ser, ese tipo de convenio seica acada na época Feijoo preto dos 12 millóns de Euros. O ensino, as prestacións sociais, a formación de parados, o emprendemento, a universidade, agradecerían ese apoio.

A lexislación electoral en vigor prohibe desde o día da convocatoria das eleccións-neste caso, o pasado 27 de agosto- “calquera acto organizado ou financiado, directa ou indirectamente, polos poderes públicos que conteña alusións ás realizacións ou aos logros obtidos”. Non obstante o 19 de setembro, organízase un impactante acto no pazo de Raxoi para anunciar a sinatura, entre loas ao presidente, duns contratos para que a petroleira de México encargue buques aos nosos estaleiros. A radio galega estaba exultante.

Iso está feo, faga quen o faga. Pero probablemente, se é certo que somos parvos, pouco máis ten.

1(http://www.xunta.es/consulta-convenios?accion=detalle&IDConvenio=123567)

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

One Response to Somos parvos

  1. Pingback: Somos parvos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s