Viva Montesquieu


Daniel López

Celebremos o invento de Charles Louis de Secondat, Baron de Montesquieu, un invento básico para a democracia e que se chama “división de poderes”. O Parlamento, o Goberno e os xuíces, todos independentes entre si. Todos limitándose entre si. Todos controlándose entre si diante do xuíz último, que é …o pobo (pois isto é teoría política, non teoloxía).

Precisamente no brinde á saúde de Montesquieu, vai incluído que unha xuíza que ten fundados indicios de que unha serie de políticos se deixaron subornar, debe actuar con celeridade e con sorpresa, para pillalos sen que destrúan unha soa proba. Sexa cando sexa, antes, durante ou despois das eleccións. Si señor, viva Montesquieu!

E precisamente, no mesmo brinde ao ilustrado francés, inclúese o requisito de que a Xustiza, na súa persecución do delito, estea libre de calquera actuación tendenciosa, ou contaminada de intencións persoais ou ideolóxicas, partidistas ou sensacionalistas, mediáticas ou relixiosas (por exemplo se un xuíz fose fundamentalista islámico ou do Opus Dei, debería controlar ese factor, ou non?).

É dicir, para entendérmonos, que sexa mera coincidencia o feito de que, de maneira reiterada, esas historias se destapen cun balbordo de coidado, con cargos públicos electos esposados e transportados á comisaría cando estamos a un ou dous meses vista das inminentes eleccións. Que sexa puro azar que nesas oportunas actuacións, electoralmente acompasadas, predominen os cargos electos de certas colores. E que sexa estrita coincidencia que, de xulgados da mesma localidade, se abran, con abundancia de espectáculo, procesos que non dan acabado en nada, que se van esfarelando a medida que avanzan, que ao final, para desespero de todos, non causan efecto penal, senón só electoral.  Daquela volvemos brindar por Montesquieu, pero coa mosca detrás da orella e por motivos ben diferentes. Queremos xuíces realmente independente de partidos, ideoloxías sectarias e grupos de poder.

Polo demais, caña á corrupción, faga quen a faga. Pepiño de Palas ou Gacio, os da operación orquesta e os da Campeón, aquel de Sada, este de Portas ou o efémero Conde de Compostela, a cúpula do IGAPE, o devoto Dívar, os Gurtelianos ou Urdangarín que te vin. Quen cadre.

Pero, por favor, que se faga ben, con fundamento, con evidencias sólidas, con procedemento, ata o final. E con independencia.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s