Si que hai clases


Daniel López

Eleccións á vista, tempo de decisión, tempo de discernir. Que queremos. A quen queremos para que intente o que queremos.

Si, de acordo, ás veces, non temos claro que é exactamente o que queremos ou, aínda máis, que é realista pretender que se faga no momento actual. Pero case sempre temos bastante claro que é o que non queremos. E podemos igualmente saber a quen non queremos para que non faga o que non queremos.

Queremos que os que tomen as grandes decisión sexan xente que vive nunha burbulla de confort desde a que resulta imposible unha compaixón eficaz?  Como agardar solidariedade de quen, para defender o endurecemento das condicións para cobrar o subsidio de 400 euros, ese que serve para sobrevivir no pozo do desemprego, ten a santa cara de poñer como exemplo que “unha familia que  ingresa 8000€ ao mes non ten por que cobrar o subsidio”?  Pero con quen se relacionan estes alieníxenas aos que lles saen esas cifra con total espontaneidade, con esa alegría e ese acento tan cañí?  Como agardar sentido social dun deputado galego que, con igual frescura espontánea, se descolga co asunto aquel de “probe de min, que só gaño 5.100€ e ando a pasalas “canutas”?

É a fauna do privilexio, desde o berce ata á dourada xubilación. A clase social do “me apetece”, das vidas exclusivas, das urbanizacións selectas, dos clubs e os colexios de señoritas e señoritos.

Odian o espazo público, a vida aberta, o interclasista, o multiétnico. E tamén, aquí en Galicia, na súa versión north-west , teñen unha indisimulada aversión ao idioma galego, que xulgan impropio e manifestamente extinguible, unha xenreira casposísima a calquera esforzo colectivo ou persoal por darlle aire e vida ás nosas palabras vellas e propias, alén, sexamos xustos, dun “folclorismo regional”, co que non simpatizan, pero sobre o que teñen que disimular por corrección electoral. Polbo con cachelos, gaitas e queimada, unha ordinariez pola que hai que pasar.

Viven e fan carreira en Galicia, comen e visten –e como visten!- das institucións propias desta terra, ás que non respectan nin queren. Miran a Madrid, alí teñen a súa Esperanza, digo esperanza. Ouh! Canto detestan o invento autonómico este que nos afasta da madrileñez pura! Miran aló, copian e pegan, non pensan que somos quen, non ven as diferenzas,  por que odian precisamente o que nos fai diferentes.

Hai clases …ou chámalle “x”. Pero haber, hainas.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s