Remataron os Xogos Olímpicos de Londres e comezan os paralímpicos.


   Por desgraza a información que nos chegou deles é monótona. Basease nun único dato que é a cantidade. A cantidade de medallas que obtivo España. A cantidade de segundos que tardou non-sei-quen en percorrer non-sei-canto. De cando en vez daban unha información máis, era o como e a min paréceme máis interesante. Por exemplo como o atleta de Sudáfrica Óscar Pistorius participou nas probas de atletismo de velocidade a pesares de non ter pernas e correr cunhas próteses. Ou a nadadora Mireia Belmonte, medalla de prata, que é asmática e alérxica ao cloro. Tamén o esforzo dos nadadores africanos  cómpre salientalo ou das mulleres de países onde a muller non ten ningún recoñecemento. Porque outro dos méritos destes xogos é que todos os países tiveron representación feminina por primeira  vez. Se cadra por obrigación pero supoño que as  rapazas de  Arabia ou Qatar ao ver ás súas compatriotas rachando mentalidades faranse preguntas e darán respostas.

Porque nos Xogos Olímpicos hai moitas historias de mérito, de esforzo, de forza que van máis alá de cantidades numéricas. Oxalá  aprendamos moito de todos os deportistas,  sobre todo daqueles que non foron portada nos xornais ou que non abriron as noticias. Vémonos en Castroverde.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s