O San Roque


Foi a festa do San Roque queridiño en tantos lugares. Eu tamén fun de romaría. Era un Sanroque pequeneiro, levábano as mulleres e o can non tiña rabo. Gustoume a sinxeleza da procesión: a cruz, o santo, o crego, os gaiteiros e os veciños de Mariñán ben contentos. Logo houbo uns pinchos tamén moi sinxelos. Para facer festa o mellor é a alegría e os amigos.

Na lenda de San Roque hai cousas ben bonitas, quizais por iso é un santo tan querido. Foi peregrino, desprendido de riquezas botouse os camiños, librou o corazón de escravitudes, o que lle axudou a abrir ben os ollos e descubrir os irmáns magoados polo andazo de peste. Velaí o enfermeiro, axeonllado ante os sagrarios rompidos onde estaba presente o noso Señor.

Sermos peregrinos e enfermeiros, camiñantes sen rémoras, limpadores de chagas… a gran vocación, coma Xesús Nazareno. Sabedores do risco e do contaxio, de padecer as mesmas doenzas e deixármonos sandar, mesmo por un canciño palleiro que nos lamba con amor.

Nun lugar da montaña da Coruña hai un prado chamado Raíña onde nace un abrente de auga nova. Alí, case eremita, mora un cura novo, Víctor. Como a fonte é limpa e saborosa, vanse achegando sedentos camiñantes e outros que non atopan camiños. Ata aló achegáronse os mariñeiros de URCA, para facer encontro de música e arte, a finais de agosto. Canta creación!

Peregrinamos polos verdes castros camiño da Romaxe, tamén encontro creativo de irmandade. Castroverde agarda os romeiros, e mesmo o can de San Roque anda a botar unha pata para acollernos. E non quedarás na casa?

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

One Response to O San Roque

  1. maruxa di:

    Neste momento que nos tocou vivir , facían falta algún San Roque máis que se achegara as nosas vidas ..

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s