Revelación rociera


A.Q.

O fachineiro do material

Hai un par de semanas as peles de Sanxenxo absorbían as cremas solares ao rouco son dos timados e timadas polas participacións preferentes, esas persoas que van recuperar o seu capital, segundo a letra pequena e a invisible, no ano 9999. A xulgar pola ortografía ou mellor, heterografía, dalgúns carteis que portaban (vasta ya, se lleban nuestros ahorros), non se trata doutorados en económicas por Harvard, que estivesen á altura de Krugman á hora de investir. Claro que hai xente que está pensando só no material, dixo Rajoy na súa visita á virxe do Rocío. Supoño que non tiña en mente só os que se manifestaban a esa mesma hora perante a súa casa de Sanxenxo, senón nos case seis millóns de persoas que se preguntan como encher a bolsa do súper. Eses son os que máis pensan. Menos mal que a Rajoy o reconforta moito que teñamos alma, porque non precisa desa bolsa do mercado, supoñemos. Unha das manifestantes laiábase da forma de actuar de Novagalicia Banco cualificándoa de terrorismo financeiro. Aceptámola como unha das acepcións da palabra capitalismo.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s