Plurilingüismo ao vapor


Lidia e Valentina

Chegou o verán, ou polo menos o tempo de verán. Escoitamos agora na radio: “Máis nuboso canto mais ao norte, pola tarde chuvascos e algunha néboa costeira. 23 graos de máxima.” Quitando algún día de moita calor, no mes de xuño predominou o tempo de chuvia. As néboas, brétemas ou borraxeiras  (que vén sendo a néboa que entra polo mar) refrescan e adiantan chuvia. E este ano aplícase aquilo que dicía un noso avó: “Ao inverno nunca o come o raposo: se non vén no seu tempo, vén no verán…” . Así que, á falta de poder andar moito por fóra podémonos dedicar na casa á lectura en lingua galega (que, aínda que non se promocione nas librarías nin institucionalmente, hai moita boa cousa en todos os xéneros) e mesmo a repasar idiomas e a desenvolver as nosas capacidades plurilingües.

Para que non haxa confusión, porque isto preocúpanos moito, insistimos en que pluri- é un prefixo que vén do latín “plures” e significa “varios”, e forma palabras coma pluriemprego, plurinacional, pluricelular e…, sobre todo, na sección que nos toca: plurilingüismo. Xa comentamos noutro número aí atrás que o plurilingüismo é a capacidade de desenvolverse en varias linguas, non é saber inglés e mais castelán, que é o definición que dan desde as institucións educativas.  Se falamos só inglés e castelán somos bilingües (se o facemos ben), pero se deixamos de lado o galego, porque nos parece que nos estorba nesa tarefa de aprender as linguas dos “imperios”, estamos, simplemente, renunciando ao propio, ao noso patrimonio e ao ben común que nos une. E que non pense ninguén – de forma equivocada- que os nenos e nenas, mozos e mozas do noso arredor que non usan o galego, o poderían facer se quixesen ou se tivesen con quen… Probade a mandarlles falar 4 minutos seguidos en galego… Ah, e probade tamén a que se desenvolvan con alguén en inglés para falar do bos que son os nosos mexillóns, ou mesmo do tempo… Non nos enganemos…, que lles dean –por poñer un exemplo moi común-  en 2º ESO a materia de educación física en inglés e que aprendan os nomes de todos os músculos nesa lingua (cando aínda non os saben en galego, nin en castelán) non é crear cidadáns plurilingües, nin é un método de aprendizaxe de idiomas estranxeiros!

Facede estes deberiños que vos mandamos e xa nos contades á volta!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Falando da lingua coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s