Entrade en Google imaxes e buscade o termo Amor.


 Xan Guillén

Atoparedes unha manchea de corazonciños e trapalladas variadas. A que ven isto? Pois cóntoche:

Ultimamente ando moito por Santiago paseando coa miña filla. E moitas  veces atópome cunha parella. Non sei nada deles. El é un señor moi velliño. Posiblemente próximo ao século. Ela  igual. El turra da cadeira de rodas dela con dificultade. Ela ten a ollada perdida. Semella que anda noutro mundo. Sempre que os vexo, quedo aparvado. Danme gañas de achegarme a eles e que me conten a súa historia. Ou de darlles unha aperta. Pero definitivamente decidín respectalos. Se non se me ocorre molestar a unha parella de adolescentes bicándose nun banco dun parque, quen son eu para molestar a esta parella que pasea o seu amor?

Deberiamos pensar realmente que entendemos por amor de parella. Rexeitar imaxes chafalleiras e optar por ese amor eterno. Por esa imaxe que todos os días pasea polas rúas de Santiago e que é un canto ao amor de verdade. Por todos eses velliños e velliñas que entenden a súa vida cun cariño eterno e cunha entrega que son  a imaxe verdadeira do amor.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s