Pauto co demo


A administración debería  representar o interese público –o de todos e todas, especialmente o dos máis vulnerables.

Agora, coa controvertida iniciativa do actual goberno, a denominada amnistía fiscal, intenta realizarse unha manobra recadatoria á desesperada. Unha manobra perigosa e con moitas posibilidades de resultar ilegal: a oposición acaba de denunciala diante do Tribunal Constitucional.

Levamos tempo de mala pedagoxía por parte dos poderes públicos sobre a cuestión fiscal. O verme do liberalismo –prescindir do Estado como provedor de servizos básicos, enfraquecelo e deixar todo en mans do negocio privado- foise introducindo nas conciencias e nas prácticas políticas.

Pero igual que no seu momento criticamos a mensaxe implícita do goberno Zapatero cando a devolución dos famosos 400€ – “non precisamos os vosos cartos, ao fisco sóbranlle”-  hai que formular unha severa crítica á actual estratexia do PP.

En primeiro lugar polo fondo da cuestión. Por unha parte recoñécese que a inspección fiscal é incompetente ou innecesaria e que os grandes defraudadores son máis listos que o Estado, así que “se non podes con eles, únete a eles”.  Ademais, supón un agravio monumental para aqueles –non poucos- que tendo ingresos importantes declararon todo de acordo coa lei. Mentres estes pagaron dentro do prazo un 35% ou 40%, os “perdoados” pagarán un 10%. E por último é dubidoso que todo iso se poida legalizar por decreto-lei, xa que son asuntos que só poden regularse mediante lei, así que, que lles pasará aos “arrepentidos” se despois de saíren do armario se declara inconstitucional esa amnistía?

Despois hai cuestións asociadas que poñen patas arriba o estado de dereito. O decreto lei fala de exonerar da débeda tributaria, pero que pasa se esas rendas proceden –como é de supoñer nos casos realmente importantes- de actividades ilegais, branqueo de capitais, etc…?

Nunca como agora, bótase de menos unha inspección tributaria mellor dotada e máis incisiva. E sobre todo que apunte na dirección correcta: os grandes focos de fraude que ben se sabe onde están. E non é culpa dos inspectores, que levan anos reclamando medios e directrices.

Os impostos garanten os servizos. O Estado debe garantir que os que máis teñen –tamén asesores e redes de evasión- paguen o que nos deben a todos.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s