a boas horas, greensleeves


O fachineiro da lingua

Évos o que ten o disque plurilingüismo, que ata o fachineiro se ve afectado, en calquera sentido do termo, pero sobre todo en relación ao sentimento de perda que temos os/as galegofalantes fronte ao estado da nosa lingua e a rabia perante a actuación do noso goberno. Nunha resposta parlamentaria os que se encargan da cousa lingüística recoñecen o reducido uso da lingua en espazos urbanos -nos que vive maioría da poboación- pero aínda así decidiron perpetrar o decreto que o reduce no ensino e que o afasta da ciencia. Ollo! Non vaia pensar ninguén que se trata de autocrítica ou revisión para elaborar unha política lingüística digna de tal nome. Non. Só é unha constatación a modo de escolio para continuar gabándose do ben que estamos e do marabillosamente que funcionan os centros plurilingües (en moitos casos consiste en ter un auxiliar de conversa facendo as veces de dicionario vivente sentado na aula). E mentres seguimos neste cruceiro do proxecto Titanic -no económico e no social- para non desentoar, engadimos o lingüístico. Velaí están os tres soles do Paraguay que ocupan a ponte de mando.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s