Todos vivimos algunha vez a seguinte escena.


Todos vivimos algunha vez a seguinte escena. Hai algo que temos e non sabemos que facer con el. Está dando voltas pola nosa casa, pola nosa despensa, polo noso rocho e non queremos tiralo porque está en bo estado e pode que a alguén lle faga falla. Entón que facemos? Pois dalo. E pensamos en Cáritas porque se cadra eles saben que facer.

Ben, pois resulta que estes días dende Cáritas pedíronme que escribise para dar as grazas a todos os doantes anónimos de cousas en especie. É para o seu boletín. Como documentación para ese traballo déronme unha lista de produtos que se deron no pasado ano e a lista é interminable. Imaxina algo que se poida doar…, pois aí está. Mobles, material informático, todos os tipos de carne, peixe fresco, peixe conxelado, café de todos os tipos, luras, polbo, medicinas, cueiros, calzado…, ata a prensa diaria. Ti cando vas a Cáritas co teu paquetiño pensas e dubidas de se é preciso o que vas dar, que se cadra non paga a pena, pero que sería dos comedores de Cáritas sen a axuda dese señor anónimo que fixo unha festa na súa casa e lle sobraron uns cantos sacos de mexillóns ou desa señora que cando chegou a Pascua pensou que os que o pasaban mal tamén tiñan dereito a ter unha madriña e regalou cinco roscas. En Cáritas saben moi ben iso de que moita xente pequena, en moitos sitios pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo. En Cáritas moita xente pequena dá cousas pequenas, pero se queredes ver a lista de doazóns asegúrovos que é ben grandiña.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s