Escola de Espiritualidade


A Escola de Espiritualidade volveu como cada ano, na primavera, a Sobrado dos Monxes, a beber auga na fonte da contemplación. Quen teña sede, que veña onda min, e beba! Sempre me impresionou ese berro de Xesús no evanxeo de Xoán. Falaba sentado e, de súpeto, ergueuse e berrou á xente. No libro da Apocalipse escoitamos de novo a frase, pero engade algo importante: esa auga non se cobra, é de balde.

A Escola de Espiritualidade converteuse nun pozo de auga fresca para moitas xentes, unha rompente onde só hai que achegarse e deixarse levar polo son da auga e do espírito. É un agasallo para tanta xente que anda a buscar como calmar a sede interior.

Estes días celebramos a xornada dos monxes e das monxas que viven en oración e escoita. Polo mundo adiante están nacendo moitas experiencias monásticas, sen a necesidade do claustro. Digamos que o claustro vén sendo a vida. Son matrimonios, leigos e leigas, que descobren a fonte da contemplación como transformadora da vida e das cousas da vida. Son experiencias que aparecen a carón de mosteiros, coma os nosos de Armenteira e de Sobrado.

A vida dos monxes é un manancial arredor do que vai medrando flora e fauna, onde os paxaros, os insectos, os cabalos… se achegan a beber, de balde! Non estará neste novo camiño contemplativo o reverdecer da nosa igrexa? As grandes crises da súa historia sempre foron superadas de fondos movementos evanxélicos e moi espirituais. Ante a seca de novo a fonte.

A Escola de Espiritualidade fai a proposta de estudar, orar e escoitar. É ademais unha realidade nosa, da terra. Quizais a que andas buscando, é posíbel que teñas sede; pois amigo, amiga, achégate e bebe. Atentos/as ao próximo curso. Se tes présa e andas por internet podes abrir esta xaneliña e mirar como respiran: http://escoladeespiritualidade.blogspot.com.es/

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s