Sempre hai alguén que resiste


O fachineiro do libros

A.Q.

Nestas dúas semanas nas que xa puidemos completar o noso dicionario de sinónimos, eufemismos e perífrases para a palabra rescate, os que non podemos ir ao fútbol et circensis non nos queda outra que poñernos ao abeiro dos libros. Non hai ningunha sociedade avanzada que non estea pegada á cultura, por iso tamén alertaba Manolo Rivas nun artigo recente ante un perigo de cidades sen bibliotecas nin librarías. As bibliotecas públicas forman tamén parte do estado de benestar. A de Compostela, un modelo de funcionamento, reivindica o seu papel na sociedade e procura o apoio dos cidadanía (da que le algo máis ca o Marca e o Hola). Tamén modélica era a de Caja Madrid, parece que outra vítima máis. Tamén é certo que a cultura ten beneficiarios, coma o regreso de Manuel Guede “Iribarne” a dirección do Centro Dramático Galego para que gocemos da súa dramática obra. Desta feita non quere citar o fachineiro a ningún Krugman nin ningún Keynes, senón as palabras dunha rapaza de 1º de ESO (13 anos) do CPI Virxe da Saleta de Cea, que na clausura das V Xornadas de Bibliotecas escolares improvisou unhas palabras nas que dixo que a lectura é para ela necesidade, ilusión e, sobre todo, esperanza. E iso lembroume a Trova do vento que passa: Mesmo na noite mais triste,/Em tempo de servidão,/Há sempre alguém que resiste,/Há sempre alguém que diz não.

Nota: este Fachineiro substitúe ó que tiñamos antes, nesta mesma entrada, por erro. O substituído ha saír publicado na vindeira quincena.


Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s