Oístes falar do Festival de Cine de Cannes?


Supoño que si. É algo  moi, moi “glamuroso” e sofisticado. Espero que tamén oísedes falar do Festival de Cine de Cans. É un festival algo  menos “glamuroso”, pero máis próximo. Cans é unha parroquia do concello do  Porriño. A sonoridade dos nomes e os días dun e outro festival coinciden. Pero o de Cans é unha alternativa divertida. O Festival de Cans toma por completo a aldea: o torreiro da festa, xunto á igrexa parroquial, é o punto de encontro onde teñen lugar os concertos e a entrega de premios. Espalladas por Cans atópanse as salas nas que se proxectan as curtas: alpendres, baixos e bodegas propiedade dos veciños que cambian por un día os seus usos habituais para converterse en salas de cine. É un festival organizado pola xente nova da zona que se move para pasalo ben e facerllo pasar ben aos demais. Recoñezo que nunca fun, mais teño gañas porque a xente que me falou del dixo que era  moi divertido. Tamén me gustaría coñecer a persoa á que un día se lle acendeu a idea de facer un festival en Cans que cadrase co de Cannes. Ese individuo debe ter unha imaxinación incrible. Habería que darlle un premio. Que tal un Óscar?

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s