Katmandú


Teresa Souto

Ricciotto Canudo escribiu en 1911 o Manifesto das sete artes, e foi a raíz dese texto que se coñece o cine hoxe en día como a sétima arte. Grazas aos consellos dunha amiga cinéfila fun caendo pouco a pouco nas redes da imaxe en movemento, e decantándome por un xénero ou estilo de película, no meu caso polo cine social e o documental.

A última película que vin no cine, hai un par de días, vina nunha sala antiga, na que tan só eramos dúas persoas as espectadoras. O título, Katmandú un espello no ceo de Iciar Bollain. Katmandú é a cidade máis grande de Nepal, nela podemos atopar o barrio de Sinamangal ou as stupas budistas de Swayambunath e Boudanath, e o templo de Pasupatinah. A película narra a historia dunha mestra na década dos 90 que atopa ante si a pobreza extrema, e como esta impide que nenos e nenas poidan estudar e vivir con dignidade. Pero o filme conta máis que unha historia de loita contra a pobreza, mostra a desigualdade social creada por un sistema de castas e por unha sociedade patriarcal que permite que as nenas menores sexan vendidas e sexan vítimas de explotación sexual, e que deixa que a propia familia as repudie se algún día son atopadas e liberadas. Narra o sufrimento dunha muller ante o desexo da familia política de que sexa nai e a tardanza en conseguilo, e cando chega a boa nova, unha ecografía cambia a súa ledicia pola desesperación, pois mostraba que ía ser unha nena. E pasa de ser unha muller desexosa de ser nai, a unha muller que se sente na obriga de abortar, pois non vai contentar a súa familia cunha nena, non é sinal de boa sorte, sería unha desgraza. Dános un claro exemplo dos centos de feminicidios que se cometen polo feito de nacer ou de ser un feto con sexo feminino.

Unha das alumnas nepalís, esquecera o seu nome, pois tivera un irmán varón, e deste xeito ela pasaba a ser a irmá de, e deixaba de ser unha nena co seu propio nome.

A historia tamén mostra as decisións que te ves na obriga de tomar en determinados momentos, cando nos fan escoller entre unha familia e unha entrega a esa familia, ou a túa propia decisión de vida, de entrega e de amor como persoa, decidindo por ti a incompatibilidade entre unha cousa e outra.

Pero ante todo, non nos mostra unha sociedade distanciada, illada ou única e especial, senón unha sociedade que ten as súas propias características pero que comparte moitas coas nosas sociedades, máis das que quizais somos conscientes, e se non parémonos un pouquiño a reflexionar…

Non desvelo datos importantes da película, pois o mellor e poder gozala, saboreala, e reflexionar tras vela. Dela saquei estes apuntamentos ou conclusións; seguro que cada persoa saca os seus, pois moitas veces depende das gafas que poñamos para ver.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Fervedoiro coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s