Liturxias


O fachineiro da lingua

Imaxine o lector a seguinte escena. Na presentación dunha nova campaña antitabaco aparece ante os micrófonos un responsable de sanidade con tose cavernosa, flegma subindo e baixando na traquea coma unha bóla no bingo, e de cando en vez fai aros de fume tirado do habano que sostén entre os dedos amarelecidos pola adicción. Pois máis ou menos así foi a presentación aos medios da nova concelleira de normalización lingüística do Concello de Santiago. Claro que como parva non é, logo aprendeu iso que se chama uso litúrxico do galego, que consiste en falalo en canto se acende un foco ou se abre o obxectivo dunha cámara. Isto ocorreu ademais na semana en que o PP rexeitou apoiar unha moción en favor do cumprimento do Plan Xeral de Normalización, que fora aprobado por unanimidade na era Fraga e que agora lle resulta demasiado avanzado ao Goberno. O vilalbés Agustín Bahamonde, cordial nas distancias curtas, onde mesmo pode dicir que, claro, séntense presionados pola acción radical de organizacións contra o galego, aproveita a primeira ocasión que ten para falar de imposición do galego. A política ten estas liturxias, pero todas contrarias ao futuro da nosa lingua.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s