Zeca Afonso


Meu santo, o outro día fixemos grande homenaxe a un compatriota teu, ao Zeca Afonso, cantor das madrugadas. Xuntámonos mil persoas no mesmo lugar onde hai corenta anos cantou aquel fermoso Grândola Vila Morena, naqueles senlleiros barracóns do Burgo das Nacións. Hoxe non hai barracóns e si uns luxosos edificios nados no tempo en que aparecían consellarías como cogomelos, en calquera recuncho. Con todo, non faltou romanticismo, e por riba caemos na conta de que as loitas cantadas do Zeca seguen sendo actuais.

Viñeron cantores e actores, poetas, músicos…, todos de balde. Foi unha noite máxica e mesmo parecía que estabamos aló, hai 40 anos, reclamando liberdades. Isto non é unha crise, isto é unha estafa!, berrou Carlos Blanco. Certo, a máis grande estafa.

Xosé Afonso amou a nosa terra, e mesmo compuxo músicas para ela, e aló estaban tantos amigos para devolverlle músicas e cravos vermellos vestidos de abril. Creo que son tempos de cantar de novo: o pobo é quen máis ordena, terra da fraternidade, ben collidos dos brazos e petando cos pés no chan, como o Xaime Isla cando foi preso por cantar Non nos temos medo!

O poder, calquera poder, traballa sempre co medo. O medo paraliza as persoas e os pobos.

Xesús ensinou a vencer o medo, e ten que ser traballo de todos, vencer os medos. Dicíao Buda tamén, se non hai medo, non hai sufrimento. A fermosura tamén acaba co medo, como a poesía e as músicas, como este poema de Camôes que cantou Zeca, e dixo Manolo Rivas que é a canción máis fermosa, en galego. Mágoa que esta nosa revista non leve acústica:

Verdes são os campos,
de cor de limão:
assim são os olhos
do meu coração.

Campo, que te estendes
com verdura bela;
ovelhas, que nela
vosso pasto tendes,
de ervas vos mantendes
que traz o Verão,
e eu das lembranças
do meu coração.

Gados que pasceis
com contentamento,
vosso mantimento
não no entendereis;
Isso que comeis
não são ervas, não:
são graças dos olhos
do meu coração.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s