A CIG: (así) NON!!!


Mariano Guizán

Durante os meus anos de traballo docente estiven afiliado á CIG, e de non me ter xubilado, con toda seguridade, seguiría militando no mesmo sindicato.

Pois ben, apuntado iso por se fose necesario deixar as cousas claras, paso entón ao que de verdade me preocupa e me cabrea.

Aí atrás, hai cousa de semanas, acudín en Santiago a unha manifestación sindical. Unha protesta pola situación de crise social que nos están facendo vivir (a loita de clases seica xa non é destes tempos, pero velaí a temos con toda a súa forza e moi escorada de resultados cara ao bando máis forte, máis unido e que máis duro sabe petar; e si que peta, sen dolo, no lombo e na alma de millóns de persoas). Convocaban UGT e CCOO. As bandeiras galegas coa estrela vermella non chegaban a media ducia. E, a non ser por algunha que outra persoa coñecida, a CIG -os seus militantes- non estaba presente. Será, pensei eu, que sen permiso da superioridade non se pode protestar contra unha situación na que unha minoría, que controla todos os poderes, está acabando cos dereitos básicos de todos os cidadáns?

Dende aquela leva habido en Santiago outras dúas protestas polo mesmo motivo. Nesas ocasións si estaban as tres centrais maioritarias de Galicia, CIG, UGT, CCOO. Pero, aínda que semelle incrible, marchaban á deriva. CIG por un lado. Comisións e UGT por outro.

E, por se a cousa non dese para matinar de abondo, nestes días souben que para defender o ensino público das arremetidas dos gobernos galego e central, en Galicia temos dúas coordinadoras cos mesmos obxectivos, pero cada unha ó seu aire: a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (promovida pola CIG e outras entidades) e a Plataforma en Defensa do Ensino Público en Galicia (promovida por UGT, CCOO, STEG e outras entidades). Calcadas pero separadas, seica, por cuestións de fronteiras administrativas. (E non será, máis ben, que as “cabecillas” non dan para máis?).

Patético!!!

E mentres, coma na vella fábula, sexan galgos ou podencos, os cans veñen cara a nós coas bocas moi abertas e os dentes ben aguzados.

Responsabilidades? De CIG? De Comisións? De UGT? Que cada quen avalíe e xulgue como mellor entenda. Eu síntome obrigado a berrarlle a quen me cadra máis cerca.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Opinión coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s