Ramadán 2012 xa!


O fachineiro dos anos santos

A asociación Compostela Monumental vai solicitarlle ao xestor da franquía a celebración dun Ano Santo para o 2014, porque lles parece moito agardar ata 2021 por ver as recuas de xubilados alemáns baixando as escaleiras da Quintana cos seus calcetíns brancos escasamente ocultados por sandalias escuras. E non lles falta razón (aos de Compostela Monumental, queremos dicir, que os dos calcetíns debían ter vedado o seu acceso á cidade) porque a historia está da súa parte. Xa houbo un Ano Santo excepcional en 1938 -o segundo ano triunfal da Cruzada- e tamén outro en 1885, en tempos de León XIII, o mesmo bispo de Roma que non sae moi ben parado nos versos que Curros Enríquez lle dedica en O divino sainete. Con todo, pensa o fachineiro que a tal Asociación peca de pouco ambiciosa, por iso lle regala outra idea: promover un convenio con Ryanair para unha conexión Lavacolla-Rabat, por exemplo, e invitar a celebrar o Ramadán deste ano (do 21 de xullo ao 19 de agosto) cunha xornada interrelixiosa o 25 de xullo: ás 12 quéimase a fachada e á 1 Conde Roa -ex-alcalde de Santiago, que na campaña electoral de hai un ano fora presentado por Feijoo como o novo apóstolo Santiago- carga coas campás ata a Cidade da Cultura.

A.Q.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s