A burbulla de aceiro


Daniel López

O poder e a fe, lévanse a matar. Fan un casorio interesado e lercho que ten como descendentes ao neno Dogmiño e ás nenas Intolerancia e Funda-Mental.

A cousa empeza –ou quizais, acabe, que empezar empeza noutros sitios- por interpretacións abusivas e paranoicas das escrituras. Onde pon “os que non están contra nós están connosco”, lése “os que non están connosco están contra nós”. E onde pon “tedes o poder para perdoar”, lese “douvos o poder de xulgar, condenar e executar a sentencia”.

O bispo Reig Pla meteuse á mantenta e a peito descuberto nun florido xardín, utilizando un medio público para expresar os seus demos persoais sobre a condición homosexual. É realmente unha prioridade do momento que vivimos esa asociación entre ter dúbidas sobre a propia identidade sexual e a práctica da prostitución? Xa non entremos no enfoque, deixémolo na oportunidade. No fondo, o que hai é unha burbulla de aceiro, na que están metidos, a cal e canto, cunha necesidade de afirmación de poder ideolóxico e moral, coa percepción de estar sitiados pola secularidade, co sentimento de posuír e xestionar a Verdade.

O poderío moral -medo, moito medo- é o que debeu operar no asunto ese, funesto e grave, dos nenos roubados, un asunto que si é preocupante e escandaloso, moito máis que a intimidade afectiva das persoas que non fan mal a ninguén.

O dos nenos roubados non é unha anécdota. É o poder relixioso –ou a relixiosa con poder- que analiza con descarada superioridade a “idoneidade moral” dunha nai, decide sobre o seu dereito a criar o fillo das súas entrañas, e executa a súa propia sentencia, quitándolle o neno, mentindo e regalándollo –ou vendéndollo, polo aquel das molestias causadas- a unha parella que si “reúne os requisitos” do poder relixioso.

O perdón e a compaixón son incompatibles con esa forma de estar no mundo. Porque, diante de alguén que sofre, cuestionan todo, absolutamente todo sistema de crenzas, dogmas, convencións e “bos costumes”. Sempre houbo e haberá xente así. Nunca xulgan. Só aman. Fóra do Templo, fóra de Murallas. A quen me recordan? É, xa que logo, outra historia, esa pequena gran historia que se vive fóra da burbulla de aceiro, a historia de cada día de millóns de seres humanos.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s