O axioma schumacheriano


No ano 1973 un economista alemán, Schumacher, publicou o libro Small is beautiful, considerado un dos 100 libros máis influíntes logo da Segunda Guerra Mundial. Nel defendía a necesidade de recuperar o humanismo na economía. Avogaba pola descentralización e o tratamento local dos problemas. Unha das frases do libro sentenciaba o seu espírito: “a xente importa”.

A idiosincrasia de Galicia podería encaixar perfectamente nestes supostos. Cunha dispersión xeográfica que divide o territorio en máis de 10.000 núcleos de poboación e uns 2.800.000 habitantes repartidos entre 30.000 qm2, unhas infraestruturas ben pensadas poderían posibilitar un acceso cómodo e eficaz a todo tipo de servizos sen renunciar a un xeito de vivir máis humano, máis cercano e, por todo iso, máis ecolóxico.

Pero nun desvío do axioma schumacheriano, os políticos galegos dixéronse: “o voto importa”. E canto máis próximo, máis controlable. E por iso iniciamos un camiño de “reminifundización”: tres aeroportos que manteñen, en total, só 22 destinos directos; tres universidades (con seis campus); tres “capitais oficiosas”; dous portos exteriores, dúas incineradoras ou oficinas de turismo duplicadas (ou triplicadas) en cada localidade. Unha verdadeira festa do municipalismo, unha sorte de política nefasta que rivalizou e segue rivalizando en competir en ocorrencias, que se están tomando un descanso coa crise, pero que en breve ameazan con volver á carga. Mágoa non coñecer as alternativas que nos darían eses millóns de euros que se encontran duplicados e que nos aportarían moito máis benestar se fosen investidos dunha forma algo máis racional.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Editorial. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s