Unha palabra oportuna que alente o irmán


JUAN RUBIO (director de Vida Nueva)

O clérigo e escritor inglés, profesor en Oxford, Robert Burton (1577-1640), autor dun significativo tratado sobre a melancolía, detivo os membros dun tribunal de teólogos que acusaba a un compañeiro con xuízos severos. E dixo: “Unha palabra fire máis profundamente ca unha espada” […].

Precisamente o día no que a Igrexa dedica a súa liturxia ao silencio contemplativo da Cruz, símbolo de amor e tenrura, o Venres Santo, o bispo de Alcalá de Henares, Reig Plá, na celebración da Paixón do Señor, retransmitida por La 2, rompeu ese silencio mandando ao infierno mulleres que abortan, mozos que beben as fins de semana, homosexuais que frecuentan bares de alterne, etc.

Non son só asalusións á homosexualidade as inoportunas. O texto enteiro é preocupante. Cando a Igrexa contempla a palabra de perdón, tenrura e misericordia na soidade da cruz, este prelado lanza unha espada ferinte nun foro público como é a televisión […].

É como se faltasen ideas e un retrouso cansino se instalase na nosa Igrexa. Goethe dicía que “se tende a poñer palabras alí onde faltan as ideas”. E a liturxia dese día é tan rica en ideas e símbolos que ata se recomenda que a homilía sexa sinxela, suxerente, parca en palabras, para non romper o eco do silencio que deixou a sobria lectura da Paixón segundo san Xoán […].

Á Igrexa pídeselle que sexa un recinto de verdade, xustiza, perdón e misericordia, non patíbulo. Linguaxe apocalíptica. “O infierno son os outros”, dicía Camus. Non é que sexa politicamente incorrecto o que dixo o prelado. É que non se axusta ao estilo cristián, e menos nun día no que o sangue do madeiro se verte sobre todos os hombres e mulleres que o miran buscando o bálsamo da misericordia entrañable e non a espada da palabra que os expulsa ás tebras.

Alguén debería dicir ou facer algo. A palabra é un poderoso soberano que, cun pequenísimo e moi invisible corpo, realiza empresas absolutamente divinas. Pode eliminar o temor, suprimir a tristeza, infundir alegría, aumentar a compaixón. E tamén sementar ventos que traian treboadas.

Non era necesaria esa incendiaria homilía. E non valen os matices, as interpretacións, a cabaleiría cega. “Inspíranos, Señor, o xesto e a palabra oportuna fronte ao irmán só e desamparado” (Plegaria Eucarística V/b) e afasta estas palabras aterradoras.

E ó fío destas palabras do bispo alcalaíno, unha semana antes, xustamente o Venres de Dolores, dende a Comisión Episcopal para a Doctrina da Fe, mándanselle corrixir algunhas expresiones e textos das súas obras ao teólogo Andrés Torres Queiruga. Un máis da lista (vaian poñendo algúns teólogos as súas barbas en remollo e busquen padriño!).

A misión da Comisión é velar para que as doutrinas non confundan os máis débiles. Teriamos que pensar se fan máis dano homilías incendiarias ca elaboracións teolóxicas. Hai que ter coidado coa lei do embude, porque hai palabras, homilías e conferencias que non pasarían o máis mínimo dos exames de ortodoxia.

Non son teólogo, pero preocúpame a espiral perigosa que se desencadeou hai tempo en materias doutrinais neste país.

Un compañeiro británico envioume unha emnsaxe polo móbil hai uns días: “Que está pasando en España? ¿Volveu a Inquisición? Escríbeme algo para o periódico e cóntame”. Respondinlle dicindo que prefería o silencio, porque leva o xermolo da máis elocuente das palabras, a de Xesucristo. O demais son accidentes neste intenso camiñar.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Ás Furtadelas coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s