Boa dirección


A.Q.

O fachineiro das frases odiosas

Mentres o mundo que en Europa coñecemos ultimamente vai esportelando coma un prato vello, repara o fachineiro nos clixés que máis lle desgusta oír nos beizos neoliberais. En primeira posición figura “van na boa dirección”. Oír que subir o número de alumnado por aula, pagar por estar enfermo ou que non percibir prestación por unha dependencia recoñecida sexa camiñar na boa dirección só pode deberse a que contan cunha calidade prolixa entre nós: a idiocia. Esas e outras reflexións de neocon podémolas atopar en 1984, de George Orwell, ese que se cita sen saber moi ben en que século viviu. A cousa é que eu cito pola versión galega, que editou Faktoría K, onde se poder ler o seguinte: “Ao mesmo tempo, a conciencia de estar en guerra, e por tanto en perigo, fai que entregarlle o poder abosoluto a unha pequena caste pareza unha necesidade natural e inevitable para a supervivencia”. O que no libro se conta xa é sabido: o control social para que aceptemos medidas que doutro xeito semellarían intolerables. Hum. Non sei a que me soa.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s