Rumores da quincena


Querida Mafalda: Escribo estes rumores para felicitarte, cun pouco de retraso, polo teu aniversario. Xa tes 50 anos e segues sendo unha moza. Iso de non medrar debe ser debido a que non comeses sopa. Nunca se sabe. A min de pequeno dicíanme que se non comía todo quedaría pequeno. Vai ti saber se o teu coa sopa é iso. Aquí en Galicia tamén gozamos coas túas historias. Aquí andamos en crise, como está Arxentina dende que naciches. Debe ser por iso polo que as túas tiras seguen a ser tremendamente actuais. Supoño que celebrarías o teu día cos teus amigos, coa casamenteira Susana, co preguiceiro Felipe, con Manolito, do que din que é paisano noso. Dende esta revistiña só desexarche que cumpras moitos máis e que nós os vexamos.

Os irimegos da zona da Arousa están tristeiros. Salva de Sobradelo acaba de marchar para onda o Pai. Irimego, amante das Romaxes, loitador da parroquia e de Cáritas de Arousa. Botou unha man para a festa do monte Xiabre e incluso ía facer un papel na celebración ata que lle fallou a voz. Quedou sen voz pero non sen sorriso e cóntanme que ata o final seguiu sendo un rumor de esperanza. Agora Salva está bailando a rumboia como tantas veces fixo, pero noutra romaxe.

Advertisements

One thought on “Rumores da quincena

Add yours

  1. Hoxe que falades dende Arousa, non sei se o mestre e meu amigo Xermán M.Torres tamén forma parte do grupo de Irimegos (eu ata coido que pode ser). Se así é gostaríame mandarlle saudos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: