Amnistía fiscal, alcaldes irreductos e amagos de reformas


Pedro Pedrouzo Devesa

Realmente, non estamos preparados como sociedade para afrontar as reformas que necesitamos. Pero tamén é certo que moitos dos nosos gobernantes tampouco están capacitados para levalas a cabo. Entre outras cousas, pola súa xordeira crónica.

Cada cidadán ten hoxe na cabeza o seu propio programa de recorte. Dacordo coa súa ideoloxía e a súa condición social, ten claras as súas preferencias para decidir onde se debe recortar, onde se pode recortar ou onde non se podería nin debería tocar.

Para máis INRI, tampouco temos moi clara a situación de endebedamento á que ten que facer fronte o sector público, porque entre a alegría coa que comprometen gastos os nosos gobernantes (sexan da cor política que sexan) e a ocultación contable que se lles permite, seguen malgastando de forma sistemática. Moitos deles seguen nadando na abundancia, porque os recortes non se están trasladando a todas as administracións públicas por igual.

Todos sabemos que o gasto público inclúe desde as subvencións á festa da empanada ata a atención á infancia desprotexida. Ata hoxe, como polo visto sobraban os cartos, non piabamos. Pero cando hai que poñer sobre a mesa a necesidade de recortar o noso sistema de benestar, o primeiro que debían facer os nosos responsables políticos, aqueles que coñecen a institución na que nos representan (sexa concello, deputación, Xunta ou Estado) sería comezar a recortar do gasto moi discutible, que o hai, e desde logo, máis prescindible. Así, ata chegar aos 10.000 millóns de euros que se queren aforrar en sanidade e educación, áreas que cómpre protexer. Desde logo, é seguro se pode gastar mellor nelas, vistos os miles de euros que se tiraron en medicamentos recetados por quintuplicado a usuarios amarretas cos seus cartos, pero estremadamente xenerosos cando se trata de gastar diñeiro público.

Pois ben, señores e señoras representantes dos cidadáns, saquen as calculadoras, comecen a sumar e digan canto van achegar desde o seu concello, a súa deputación e a súa autonomía para evitar a debacle do estado do benestar. Porque unha cousa é certa: non hai cartos para todo. E a crise non se ten que pagar entre todos, teñen que pagala os que teñen. Sexan particulares ou administracións.

E eu que quería falar da amnistía fiscal…

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Economía. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s