As 10 estratexias de manipulación mediática


Baseado nun texto de Noam Chomsky

1. A estratexia da distracción

O elemento primordial do control social é a estratexia da distracción, que consiste en desviar a atención do público dos problemas importantes mediante a técnica do diluvio ou inundación de informacións insignificantes.

2. Crear problemas e despois ofrecer solucións

Problema-reacción-solución. Créase un problema, unha “situación” prevista para causar certa reacción no público, co fin de que este sexa o mandante das medidas que se desexa facer aceptar. Por exemplo: deixar que se intensifique a violencia urbana co fin de que o público sexa o demandante de leis de seguridade en detrimento da liberdade. Ou tamén: crear unha crise económica para facer aceptar como un mal necesario o retroceso dos dereitos sociais e dos servizos públicos.

3. A estratexia da gradualidade

Para facer que se acepte unha medida inaceptable basta aplicala gradualmente, a contagotas, por anos consecutivos. É desa maneira que condicións socioeconómicas radicalmente novas (neoliberalismo) foron impostas durante as décadas de 1980 e 1990: Estado mínimo, privatizacións, precariedade, flexibilidade, desemprego en masa, salarios que xa non aseguran ingresos decentes, …

4. A estratexia de diferir

Outra maneira de facer aceptar unha decisión impopular é a de presentala como “dolorosa e necesaria”, obtendo a aceptación pública, no momento, para unha aplicación futura. É máis fácil aceptar un sacrificio futuro ca un sacrificio inmediato.

5. Dirixirse ao público como criaturas de pouca idade

A maioría da publicidade dirixida ao gran público utiliza discurso, argumentos e entoación particularmente infantís, moitas veces próximos á debilidade, coma se o espectador fose un meniño ou un discapacitado psíquico. Se lle falas a alguén como se tivese 12 anos ou menos, entón, en razón da suxestionabilidade, tenderá a una reacción desprovista dun sentido crítico .

6. Utilizar o aspecto emocional moito máis cá reflexión

Facer uso do aspecto emocional é unha técnica clásica para causar un curtocircuito na análise racional dos individuos. Por outra parte, a utilización do rexistro emocional permite abrir a porta de acceso ao inconsciente para implantar ou inxertar ideas, desexos, medos e temores.

7. Manter o público na ignorancia e a mediocridade

Facer que o público sexa incapaz de comprender as tecnoloxías e os métodos utilizados para o seu control e a súa escravitude. A calidade da educación dada ás clases sociais inferiores debe ser a máis pobre e mediocre posible, de forma que a distancia da ignorancia entre as clases inferiores e as clases sociais superiores permaneza.

8. Estimular o público para ser compracente coa mediocridade

Promover o público a crer que é moda o feito de ser estúpido, vulgar e inculto…

9. Reforzar a autoculpabilidade

Facerlle crer ao individuo que é só el o culpable pola súa propia desgraza, por causa da súa escasa intelixencia, capacidades ou esforzos. Así, en lugar de rebelarse contra o sistema económico, no individuo xérase un estado depresivo, un de cuxos efectos é a inhibición da súa acción.

10. Coñecer os individuos mellor do que eles mesmos se coñecen

Os avances acelerados da ciencia xeraron unha crecente fenda entre os coñecementos do público e aqueles posuídos e utilizados polas elites dominantes. O sistema conseguiu coñecer mellor o individuo común do que el se coñece a si mesmo. Isto significa que, na maioría dos casos, o sistema exerce un control maior e un gran poder sobre os individuos, maior có dos individuos sobre si mesmos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: