Recibirás isto en Pascua.


Busco no caixón dos recordos o que me suxire o termo Pascua e voume á Pascua Xoven de Arousa. Moitos anos leva esta convocatoria. Cando eu  era adolescente era para min unha inxección de vida e esperanza. Alí coñecín boa xente, escoitei boas testemuñas e paseino moi  ben.Todo nunha fin de semana intensa no colexio das Filipenses de Vilagarcía. A Pascua de Arousa segue adiante. Vai para os 39 anos. Xa non é tan moza como cando eu ía e volvía entusiasmado pero segue a ter o arrecendo xuvenil que sempre tivo.

Volvo á palabra Pascua e esta lévame a Resurrección. E con Resurrección unha pregunta que resoa no  me corazón e na miña cabeza. Ti en que cres? Nun resucitado ou nun revivido? Vaia preguntiña. É fácil  dicir que creo nun resucitado pero é máis cómodo crer nun revivido. Crer nun resucitado dá toda unha esperanza no ser humano. Din certos bispos que quen me fixo esa pregunta crea inquietudes nos fieis. Para eses bispos debe ser máis doado que os “fieis do rabaño” non estean inquedos. É preferible que crean un revivido. Eu prefiro que me fagan preguntas porque vivir con certezas non xera máis que fundamentalismos. Eu prefiro os profesores que crean fame  para que ti teñas gaña de comer e non que alimentan a bandullos cheos. Por iso graciñas Andrés.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s