Desta volta, si


A unidade sindical tivo moito que ver cos resultados da Folga do 29 de marzo. O seguimento foi importante en tódolos sectores, pero variable. O que despexou calquera dúbida foron as mobilizacións da xente nas correspondentes manifestacións.

Nesas manifestacións, dunha contundencia, normalidade e dimensión pouco habitual –só comparables ás que seguiron ao evento do Prestige, ou as famosas mobilizacións pola “aldraxe” do Estatuto- si que se botou en falta a necesaria unidade. Véxase, por exemplo, o resultado en Compostela, onde se podería ter enchido de sobras o Obradoiro, pero a cousa quedou nun patético e “comprimido” final duns na diminuta Praza de Praterías e doutros na histórica pero insuficiente Praza de Quintana. Están os líderes certos de que é mellor marcar a “diferenza” en toda hora e lugar e non renunciar por un día ás esencias puras e, así, xogar o xogo da unidade de todas e todos os traballadores?

A asistencia masiva ás manifestacións é libre e desmonta os discursos sobre a “folga baixo presión dos piquetes”. As presións son contraditorias, existen, pero é incomparablemente maior a que atura a parte máis feble, a dos asalariados, especialmente  das pequenas e medianas empresas. En calquera caso as rúas foron desbordadas por persoas que non actuaban baixo presión.

O que si resulta inaceptable é a manipulación informativa dos gabinetes de prensa dos poderes executivos –central e galego. Sería máis prudente calar, pero non porfiar contra toda evidencia, que a “normalidade é absoluta”, que “se traballa como tódolos días”, que “a incidencia é mínima”. Cando a xente se sente masivamente enganada reacciona. O PP non aprendeu a lección daqueles días penosos despois do 11-M, cando, por conveniencia electoral, o goberno Aznar, con Acebes á cabeza, teimaba coa versión -supostamente favorable aos seus intereses electorais- de que o atentado era obra de ETA. A manipulación, cando é groseira e insostible –e non simplemente sutil a niveis tolerables pola masa- pódese volver en contra de quen a realiza. Porque se identifica cun abuso inxustificable de poder.

En calquera caso  o problema ten dimensión europea. É importante crear conciencia sobre os efectos perversos que para a propia economía ten facer pivotar toda a política económica na redución do gasto público e o recorte dos dereitos sociais. Pero a clave da decisión está nos gobernos francés e, sobre todo, alemán.  Hai tempo que España non é un estado-nación con plena soberanía, como deben saber os sindicatos, partidos e cidadáns.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s