Recibimos case no mesmo día dúas novas relacionadas: por unha banda, o último exabrupto da Conferencia Episcopal Española, condenando a teoloxía de Andrés Torres Queiruga; doutra, e con esta nos quedamos pois ten maior interese, a edición do libro Repensar a teoloxía, recuperar o cristianismo, homenaxe ao noso teólogo. Supoñemos que a editorial Galaxia nunca esperou dos bispos unha publicidade de balde e un aunar simpatías arredor de Andrés como a que lles están a promover (pasóusenos pola cabeza preguntar se non haberá algún bispo con participacións en Galaxia), pero nosoutros non queremos ser menos ca todos eles, polo que tamén imos contribuír á difusión desta obra.
Información detallada sobre o libro homenaxe a Queiruga