É bonito


Estimado O’Rivas:

Sei polo artigo publicado no xornal El País chamado “A Galicia distraída” que vostede le Irimia. Como diría un señor moi serio aínda co epíteto de “campechano” que “me llena de orgullo y satisfacción, en esta noche, saber que el gran escritor Manuel Rivas lee la revista Irimia”. Comparto con vostede, novo académico, a certeza de que Irimia é un milagre de 851 números. Agradezo que diga que está feita con rigor e calidade. Facemos o que podemos.

Certamente é  bonito saber que vostede le isto. De cando en vez os que botamos unha man contamos medio de brincadeira cantos lectores temos. Eu conto a miña muller, un par de señoras que me felicitan nas Romaxes e pouco máis, pero aínda así sigo coa ilusión. Que vostede se una a este grupiño de lectores ilusiona aínda máis.

De todas maneiras, o mérito a quen o ten. Temos unha mesa de redacción que son uns santos milagreiros por facer saír cada quince días esta revistiña tan xeitosa. Cónstame que son estes santiños os mesmos que dende que souberon que vostede escribira sobre nós brincaban dicindo que Xan xa tiña asunto para os seus rumores.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s