Fusión municipal, enerxía e propaganda


Resulta complicado un mapa municipal como o galego, con 315 concellos que deben dar servizos a realidades totalmente distintas, en cantidade de persoas por concello, en como esas persoas viven, e nos medios de vida que esas persoas teñen.

Cando se constitúen os concellos democráticos, aínda a crise demográfica estaba a niveis tolerables. Hoxe en día a maioría dos pequenos concellos son inviables: a poboación rural foi minguando aceleradamente, a xente que foi quedando está cada vez máis avellada, máis necesitada de apoio, ao que se suma a deterioración e abandono do medio natural, a falta de oportunidades para a xente nova e a concentración de medios de produción nas vilas intermedias e as cidades.

A actual división municipal serve en poucos sitios. Precisamente para que a xente poida seguir vivindo no rural hai que darlle servizos de transporte, de atención social, de acometidas de enerxía, internet, telefonía, de educación. E para dar ese servizos hai que pensar en unir esforzos. A tan cacarexada “agrupación voluntaria” ou as mancomunidades de concellos, non resultaron, precisamente porque na maioría dos sitios foron novas estruturas de poder partidario e caciquil que serviron para reduplicar a burocracia e, así, onde había dúas administracións –unha desbordada, o concello- e outra prescindible –a deputación- foise engadir outra máis: a mancomunidade-.

Fai falta un plan estratéxico para a administración local galega e un consenso parlamentario. Debe incentivarse a fusión, e facerse con debate, luz e taquígrafos, explicando as cousas á xente. E quizais faga falta unha nova lei de amplo consenso sobre a reorganización da administración local en Galicia, que sexa valente, dea o finiquito ás deputacións e cree concellos viables.

A fusión municipal – como a nuclear-, pode resultar creadora de enerxía. Pero o que menos necesita este gravísimo problema é a pura propaganda, quitar da manga en pleno debate parlamentario unha “fusión sorpresa”, para gañar un titular e impresionar a propios e estraños. Así foi a historia da anunciada fusión de Oza dos Ríos e Cesuras, da que os seus veciños tiñan pouca ou ningunha noticia. Titular efémero, golpe de efecto propagandístico, que complica os procesos, crea un mal precedente nas formas e resta enerxía e eficacia a un asunto tan necesario como inaprazable.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

One Response to Fusión municipal, enerxía e propaganda

  1. José María F. Vázquez di:

    Penso que somos moitos -a grande maioría da poboación galega- os que estamos en sintonía coa análise e coa solución exposta neste artigo. Entón, por que non se leva a efecto xa? Por que unhas poucas persoas -políticos- son quen de manter o estatus político actual para manter os seus postos de luxo? É de sentidiño que aínda que non tiveramos enriba esta lousa da crise, tería que facerse para mellor administrar os recursos. Ao final pérdenos o localismo tan arraigado en nós. É unha magoa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s