Gallaecia non fulget


A.Q.

O fachineiro da lingua

Quizais a Universidade de Santiago foi, nalgún momento, vangarda de algo, pero o que non imos atopar no seu medio milenio de existencia é unha aposta pola lingua galega. No medio da enxurrada do latín primeiro e castelán despois aparecen as Festas Minervais, que en tempos cativos -nos Seculos Escuros e na ditadura franquista- serviron para que se coasen uns breves textos en vernáculo. Sempre lle resultou curioso este vocábulo ao fachineiro, un termo unido a lembranzas infantís e a unha sensación de que se empregaba nos boletíns escolares de antano e aínda en faladoiros hogano para rebaixar o nivel do galego. Hai uns días soubemos da lingua en que se expresan as investigacións das nosas elites intelectuais e só se pode concluír que pouco país se fai na USC. O galego á a terceira lingua na presentación de teses de doutoramento, depois do castelán -a inmensa maioría- e do inglés 16% fronte ao 14% galego. Na mesma semana, informámonos de que a un paciente adíanlle a atención médica por non querer asinar o consentimento informado en castelán e que unha parella tivo que casar con intérprete en Vigo, porque o xuíz non quería facelo en vernáculo. Supoño que enviarán o vídeo da voda a un programa de humor.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s