En que nos estamos confundindo?


Pedro Pedrouzo Devesa

Segundo avanza a evidencia de que estamos moi mal economicamente (hai que ter en conta que necesitamos catro anos para crer que isto andaba mal), aumenta o sentimento de cabreo xeneralizado. Competimos en buscar culpables desta situación, e realmente hai un sen número de causantes. Os prexuízos da nosa ideoloxía (ou da nosa clase) farán que identifiquemos mellor os culpables do bando contrario, esquecendo que nas nosas filas tamén se cocen fabas a caldeiradas. Por exemplo, desde que comezaron a aumentar os desafiuzamentos de forma considerable, levamos catro anos sen conseguir que a dación en pagamento sexa unha realidade. O máis asombroso é que sexa un goberno de dereitas quen dá os primeiros (tímidos) pasos nesa dirección. Tamén é curioso comprobar como o PSOE no seu momento subiu o IVE (imposto máis regresivo que castiga máis os que menos teñen), e o PP sobe o IRPF (imposto máis progresivo que castiga máis -pouco, iso si- a quen máis ten).Tamén é certo que, malia diciren que non subirán máis impostos, non lles quedará máis remedio ca facelo, e o imposto elixido será o IVE, imitando o resto de países europeos en situación semellante. Non teño ningún interese en gabar un partido que amosou en Valencia a súa incapacidade para poñer orde entre os seus (non todos os días se arruína unha comunidade autónoma, bancos incluídos). O que quero é reflexionar sobre que supón nestes momentos ter unha ideoloxía progresista e que podemos facer para poñela en práctica. Semella que só nos queda saír á rúa e protestar. Pero, crearemos así a riqueza necesaria para financiar os servizos básicos? Cal é a vía acertada? Pregúntome se podemos permitirnos o luxo, por exemplo, de seguir negándonos a pactar e negociar. Tradicionalmente era a dereita a ideoloxía con máis reparos en facelo coa esquerda. Hoxe hai moita xente no BNG que entende que pactar co PP é motivo de excomuñón. Pero, se eu teño clara a miña ideoloxía, e sei claramente que a vou poñer en práctica, e que con ela os veciños dun municipio van ver mellorado o seu nivel de vida, e quen quere gobernar comigo asume esas condicións…, a que temo? A non ser que teña enormes dificultades para diferenciar as miñas decisións das dos meus adversarios políticos, porque se parecen enormemente e non son tan adecuadas como me gusta crer a min. Pero iso, é outra cousa que merece reflexión aparte.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Política. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s