Unha xustiza mediática cada vez máis cuestionada


A xustiza ocupa a primeira plana dos informativos, o groso dos faladoiros mediáticos e chega, mesmo, ás conversas de café. Urdangarín e o seu Instituto Nóos monopolizou a atención dos medios e, malia ao que puider parecer, a imputación dun membro da Familia Real non acrecentou a confianza dos cidadáns no poder xudicial, senón que serviu para exteriorizar as súas dúbidas. Os precedentes inmediatos non axudaban: o veredicto de non culpable para Camps e Costa ou a controvertida condena por prevaricación para o xuíz Garzón -non tanto por que se dubide de que fixese algo mal, canto pola sensación de que se non se crease tantos inimigos e non tocase determinados temas podería seguilo facendo moitos anos máis-, puña en cuestión a efectividade e a imparcialidade dun dos tres poderes sobre o que se ten que asentar un Estado democrático. Mais non estamos ante un mero problema político ou de impotencia xudicial ante a corrupción: o que subxace é algo máis amplo, a claudicación do sistema democrático ante a economía do capitalismo neoliberal, dos mercados, a incapacidade dos poderes dos Estados democráticos por defender os dereitos dos seus cidadáns, por lles faceren Xustiza. O funcionamento previo á crise do sistema financeiro, cunhas prácticas que só poden ser cualificadas coma estafas, con participacións preferentes, empréstitos “clip” e hipotecas que derivaron nos actuais desafiuzamentos, son un síntoma que delata o problema.

Por máis que se fale de procesos xudiciais, de sentenzas, de imputados, por máis que incorporemos ao noso vocabulario a xerga procesal, a xustiza social, que é a que verdadeiramente nos tería que preocupar, segue ausente do discurso social. A loita pola xustiza debe deixar de ser unha simple lenda e ser o verdadeiro punto de partida dunha alternativa ao sistema económico actual. Dende esta perspectiva é posible construír algo novo. É sinxelo, mais non vai ser fácil. A loita pola xustiza sitúase a escala planetaria e aínda que nos custe aceptalo, aí estamos entre os máis privilexiados.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s