Alzeimer


Señores irimegos, señoras irimegas. Teño que darlles unha boa noticia. Somos menos propensos ao Alzeimer. Si, señores. Os irimegos todos. Ti tamén.  Non sei se sabedes que hai un estudo (hoxe estúdase todo) que di que as persoas bilingües temos menos posibilidades de ter  Alzeimer. E como todos os irimegos  sabemos  e dominamos dúas linguas…

Hai alguén de nós que non saiba expresarse correctamente en castelán? Podedes ler este artigo? Pois ademais de ter menos posibilidades de ter  Alzeimer tes unha riqueza. Poder  ler a Rosalía e a Quevedo. Poder ler prensa de Madrid, de Arxentina e incluso os novos xornais dixitais en galego (Praza Público, Dioivo, que acaban de  estrearse, novo motivo para esperanza).

Ademais hai irimegos que saben francés, italiano, inglés, portugués (aínda que os galegos témolo fácil con el) e se cadra máis linguas. Incluso algún saberá latín e grego clásico. Somos ricos, somos  inmensamente ricos. Gocemos do camiño que abren as linguas. Amemos a nosa pero gocemos da dos demais. Todos xuntos contra o maldito Alzeimer que nos  pode facer esquecer o que somos. Só coa lingua galega non esqueceremos de onde vimos. A usar as linguas.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s