Contribución a un manifesto improbable sobre o nacionalismo que precisamos


Como cómpre aprender das leccións da historia, tamén da recente, que historia é toda, e visto que se aproxima probablemente unha travesía no deserto para o nacionalismo galego, é tempo de re-imaxinar os principios. Cando menos, certos principios. Porque o deserto é tempo de sandar no interior, de peneirar e purificar.

Comecemos polo elemental: Galicia necesita un nacionalismo vivo, firme no fondo, maduro nas formas, dialogante e insubornable cando ten poder, dialogante tamén e creador de alternativa cando non.

Galicia necesita que exista unha escola viva de persoas con conciencia clara e natural de seren parte dunha nación europea, adulta, histórica, orixinal, que antes é o centro de si mesma que o noroeste de ningún sitio.

Galicia necesita de xente organizada que viva con conciencia e que contaxie o convencemento de sermos quen. De que somos quen de deseñar o que precisamos, de comprometernos en causas colectivas, renunciando a privilexios persoais ou de caste, de xestionar modelicamente os nosos recursos, o noso patrimonio, o material e o inmaterial, de construír desde o que somos. E tamén de poñer por diante o noso mellor patrimonio: a xente que vive e traballa en Galicia, para que sexa unha Galicia socialmente avanzada e innovadoramente igualitaria.

Pero necesitamos un nacionalismo inclusivo, que sume, porque confía que no fondo da ánima das xentes galegas hai un remol de identidade e de orgullo do bo. A pesar de todo, contra toda apariencia. A pesar dos séculos e das circunstancias, das noites de pedra, de Isabel de Castilla, de Francisco Franco ou o do conselleiro de educación. Un remol que pode avivecer, en todas e todos, mesmo nos que polas circunstancias que atravesaron non tiveron ocasión de coidalo e facelo lume, lumiño da Terra.

Necesitamos un nacionalismo que nas formas adiante xa as metas. Que non sacrifique a honestidade das pequenas cousas no altar das Causas Históricas, porque as causas históricas fanse de pequenas cousas, do gobernar noso de dada día. Un nacionalismo do que nunca máis se escoite, nin en voz baixa, nin tomando os viños: eles tamén o fan.

E, ademais, necesitamos, como a chuvia fina de maio, un nacionalismo simpático e sedutor, que anime aos indecisos, que cative aos reticentes, que non vaia de farol, nin de chulería, ni nos falares nin nos faceres. Xa vale de pedigrís, nunca máis apropiacións indebidas, nin monopolios de verdades absolutas,  nin soberbias sen fundamentos .

E como o necesitamos, haberá  que construílo.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Editorial. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s