Caderno de tea violeta


Teresa Souto

Teño un caderno. Está forrado de tea violeta. Nel escribo algún días e outros días escribe unha moza que coñecín. Anoto todo o importante do día a día, sobre todo escribo palabras que me gusta escribir e ler unha e outra vez, ollos, campo, ledicia, liberdade. E así vou completando o meu caderno. Ademais de estar forrado de tea, ten unha foto miña, da miña cara regordecha. Gústanme moitísimo as fotos, as de praias, faros e ríos, e as de persoas. Colecciónoas, teño unha caixa chea de fotos de descoñecidos, que seguramente algún día me gustaron por algo e gardeinas.  Tamén me gusta pintar, mesturar cores, encher espazos brancos e crear paisaxes que quizáis algún día vin, ou que me gustaría ver. Unha moza vén visitarme e cóntame mil historias graciosas, ela é a que me di: “Escribe no caderno, veña que che axudo, imos escribir o que fixeches hoxe”. E mañá dirame “imos ler o que escribiches onte”. A min parecéme divertido, río moito con ela, pois é moi imaxinativa e ás veces chámame mamá, incluso intenta explicarme que coñezo a toda a xente que sae nas miñas fotos de descoñecidos. Un deles, un home aposto e duns cincuenta anos, di que foi o meu home. “Vaia, pois teño bo gusto, entón” dígolle eu. Si, eu teño un compañeiro, si, pero aínda está a traballar en Asturias, ha voltar axiña, seguro que me bota moito en falta, e sobre todo á nosa nena. Mariña e el son uña e carne, sempre xuntiños, sempre facendo o mesmo, e sempre igual de tercos os dous. Eu tento ensinarlle a pintar, pero ela tira máis por recitar as poesías que seu pai lle escribe. Xa chegou a moza, a verdade é ben linda, loira, feitiña, amable. Oxalá a miña Mariña se converta nunha moza tan xeitosa. “Son Mariña, mamá, son eu, a túa nena”, dime, e bícame a meixela e acaríciame o pelo, e explícame que estou aquí neste centro de día porque me atenden moi ben, comparto actividades cos meus compañeiros e compañeiras, fago arteterapia, construímos un baúl de lembranzas, cantamos xuntos, e o meu caderno violeta é para lembrar o que fixen o día anterior, o que me gustou o día anterior. ¡Ai, a miña nena creo que está feita unha moza! Se non fora pola enfermidade de Alzheimer (teñoa apuntada no caderno), lembraríame cada día de todas as persoas que tanto amei, de todas as paisaxes que pisei, de todos os poemas que Antón me escribía… Polo menos teño o meu caderno, e nel apunto o que máis me gusta. Esquecín por onde ía, este caderno é meu, ten a miña foto sobre unha tea violeta, a miña cor favorita.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Invisibles. Ligazón permanente.

2 Responses to Caderno de tea violeta

  1. José María F. Vázquez di:

    Gustoume moito o artigo, polo seu fondo e a forma de contalo. E gustoume moito a referencia que fai Manolo Rivas no El País do pasado día 2, aínda que non atopei o texto quel cita. De todolos xeitos ten que ser para todos vós unha ledicia verse recoñecida a revista por unha personaxe tan importante da nosa cultura. Parabens!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s