Que a xustiza nos salve


Se cadra somos máis dos que parecemos os que non sabemos nin nos interesa saber nada dunha tal Belén Esteban, nin estamos a gusto interiormente co bombardeo televisivo que converte as miserias persoais en espectáculo, que “normaliza” o barullo como se fose debate, a picaresca e a corruptela, como se fose o que se debe esperar do gobernante e do contribuínte e o resentimento e a “mala idea” como se fose o que habitualmente recibimos dos nosos familiares, veciños e semellantes.

Pero a “telelixo” fai cultura. Alimenta e fai medrar o convencemento de que a cantidade de bondade realmente existente é moito menor que unha suposta miseria moral que todo o envolve, que a corrupción é admisible mentres non te pillan –a aínda así …-, que somos os sobreviventes dunha rede de intereses estritamente egoístas, poderosísimos, e que, en consecuencia, todo vale e, ademais, non hai xustiza que o amañe, porque está amañada ou pode amañarse.

Por iso desde esta pequena plataforma queremos brindar, aínda que sexa con atraso, polos catro membros do xurado popular que aí atrás se opuxeron a que as vergoñentas conversas gravadas durante a investigación do asunto dos traxes de Camps e Costa quedaran como se aquí non pasa nada. Un brinde polos que se opuxeron, perdendo, a que esa “confianza” entre a rede de intermediarios de favores e os responsables de gobernar, pasase como un capítulo máis da “normalidade” noxenta coa que somos bombardeados polos líderes de audiencia das televisións.

O que se escoitou no xuízo é de vergoña. Camps librou por un 5 a 4, como nas eleccións. Si, efectivamente, non esquezamos que o modelo do dispendio da Fórmula 1, da América Cup, das torres Calatrava, do aeroporto fantasma de Castellón e dos recortes en gasto social e sanitario, gañaron as eleccións. Non entremos na urxente cuestión de se algo tan importante como a corrupción política pode ser xulgado por electores. Pero, definitivamente, non pode ser normal que esa familiaridade, esa complicidade vergoñenta se normalice.

Seica quedan máis causas. Esperemos xuízos xustos e profesionais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s