Todas a Alemaña!


Daniel López

E todos tamén! Esa é a ladaíña. O slogan. Un coro di o de “todas” e o outro contesta o de “todos”.  É o resume da máis perfecta fórmula para amañar este asunto. E non será un coro pequecho.

Verás a Merkel!!!

Todiños, en rea. Unha inmensa procesión. O xacobeo invertido, o camiño do revés. De Compostela a Würzburg e unha tiradiña máis e estaremos en Berlín. A procesión do xaestaben, do vaichegando, do ideparando. Diante van os do naval, cos de Vulcano dediante, cos cascos e as chaves fixas, cizallas e tenaces Knipex, feitos en Alemaña; e os de Barreras, con sopletes, protectores e máquinas de soldadura BTH, alemás, para impresionar, e os de Navantia, estes cunha pancarta enorme: “Sabemos facelo mellor ca ninguén, pero non nos deixades”, todos cos buzos de colores, maiormente azuis.

Despois un exército de gandeiros endebedados, en magníficos tractores Fendt, última novidade, feitos en Alemaña. Cunha ringleira de vacas frisonas isto é, orixinarias da Frisia (que está en Holanda, pero tanto ten), ceibando millóns de panfletos subversivos,…non, ou si, tamén, que son fotocopias compulsadas dos créditos de pagamento imposible que tiveron que asinar para facérense europeos!, para convertérense en “viables”, “racionais”, “modernos”…coma os alemáns!

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

Tamén os mariñeiros, os mellores de Europa, con permiso dos portugueses, entrampados cos seus motores alemáns e as decisións europeas.

E unha morea inxente de pequenos empresarios, sen capacidade de mercar e de vender, porque o crédito fuxiu a China….e a Alemaña, a quen os bancos e “os mercados” prestan diñeiro gratis, mentres que aos países periféricos llo prestan con xuros imposibles.

E no fondo da mani, os milleiros de mozos e mozas coas súas dúas licenciaturas por cabeza, enmarcadas en formato grande, os másteres, os Erasmus, as Fps superiores, medias, as linguas e os múltiples cursiños, cursos e os cursetes – pagados con fondos europeos, para que a xente estea entretida- as imposibles prácticas en empresas, os inacabables ou inempezables aprendizaxes, e toda a frustración acumulada.

E con ese exército de cidadáns europeos, ao que se unirán os gregos, os portugueses, os irlandeses, os italianos, nos plantaremos no Bundestag, e diremos: Veña, Ánxela, somos a túa forza de traballo, os teus consumidores, os cidadáns da túa Unión. Dinos,  por favor,  sprechen bitte!!!! , dinos que tes algunha idea coa que solucionar isto!!!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s