William Kawamba


Onte vin no programa de TV “El hormiguero” unha historia ben fermosa. Hoxe estiven dando voltas a ver se atopaba datos que a corroborasen e parece que é fiable, polo cal paso a contárvola.

Trátase da historia de William Kawamba, de Malaui. Este rapaz era un sinxelo gandeiro que sobrevivía no seu país de África ata que hai uns anos chegou a seca. El, xunto coa súa familia numerosa, pasou moita fame e case non tiñan que comer. Entón foi a unha sinxela biblioteca do seu pobo e colleu un libro de física que estaba en inglés. El non sabía ese idioma, pero mediante os debuxos e comparando palabras foi entendendo o que alí había. Aprendeu deste xeito a construír un muíño de vento e fíxoo con materiais de refugallo.

Conseguiu, deste xeito, levar auga e electricidade á súa aldea. Alguén se informou desta fazaña e foi invitado a dar conferencias polo mundo adiante. El nunca saíra da súa terra, e ao ir dar a súa primeira conferencia nun lugar moi afastado da súa casa só foi quen de dicir o seguinte “Tenteino e conseguino”. Por que lle poremos límites á nosa capacidade de superación?

1 comments

Deixar un comentario