Vergoña corporativa


O fachineiro dos foros

Se para algo positivo serve o Foro de Davos é para que xurdan alternativas a el, a máis importante, o Foro Social Mundial. Coincidindo coa impúdica reunión da cidade suíza, a asociación Public Eye Awards concede os seus premios ás peores empresas do planeta. Este ano a “gañadora” foi a multinacional brasileira Vale, dedicada á minaría. Resultou distinguida con este premio á vergoña corporativa grazas á súa destrución implacable do medio nos 38 países nos que está presente e entre os seus activos inclúe persoas desprazadas, ameazadas, botadas da súa casa e, por suposto, os salarios de miseria e as penosas condicións de traballo, que son a base de calquera multinacional digna de tal nome. Vale gañoulles a outras empresas que loitaron duramente por ter os peores resultados socioambientais e laborais: Barclays, Freeport, Samsung, Syngenta, e Tepco (para saber máis, www.publiceye.ch). Pensándomos localmente seguro que xa só no sector bancario se nos ocorren varias candidaturas. E no ambiente tamén poñemos o noso gran de area, ou mellor, de cantaría. Logo da desfeita pola canteira a ceo aberto no Courel, e a permitida na Enciña da Lastra queremos recuncar con outra de granito da Serra do Suído, tamén en Rede Natura. Mágoa que non todas as empresas sexan tan sensibles e eficientes coma a Deputación de Ourense, na que os empregados despiden con aplausos e bágoas nos ollos o seu xefe de persoal.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s