Outros virán…


Diante dunha figura como Manuel Fraga, non cadran ben nin os xuízos sumarísimos por fascista, nin o enxalzamento aos altares dos mártires da democracia e o galeguismo. Todo hai que matizalo bastante.

Abofé que é o seu é un perfil ben ilustrativo, unha boa síntese, do que foi a transición española e a segunda etapa de autonomía galega.

É a mesma persoa, en dous tempos distintos, a que é ministro con Franco, cumpridor e eficiente nun ministerio de “información” -que nunha ditadura nunca é un ministerio inocente-, e a que abraza un inesperado rexionalismo galeguista , reconduce a dereita española cara a “civilización democrática” e sabe, na redacción de constitución -así o declara Miquel Roca-, xogar un papel de mediador, sorprendentemente dialogante e cun apreciable sentido do humor.

A título de exemplo daquel Fraga dos tempos máis grises, e ben grises, contaba Manuel Espiña como aqueles pequenos pero valentes intentos de facer normal o uso do galego na liturxia non pasaron desapercibidos para o ardoroso ministro Fraga Iribarne e mandou prohibir a emisión radiada da misa en galego desde as Capuchinas da Coruña. Manuel Espiña foi multado neses tempos con 200.000 pesetas por unha homilía crítica. Luis Seoane regaloulle a pintura “Cristo obreiro” para que a vendera e puidera pagar a multa.

Pero o máis sorprendente para case todos, foi o Fraga autonomista, unha vez que a vida o foi levando, por “exclusión”, a gobernar Galicia. O ex-ministro Fraga, nese momento fai unha afirmación de sentido institucional e, constitución en man -unha constitución que el sabía ben que é fondamente descentralizadora e que reserva a Galicia un papel parello a Euskadi e Catalunya-, resulta que toma en serio o posto que ocupa: presidente dunha nacionalidade histórica.

A lei de normalización lingüística e o seu desenvolvemento, a reivindicación da administración única e o intento -cando menos intento- de ordenar Galicia por comarcas, fan a don Manuel, en comparanza co que temos agora no goberno de Galicia, un presidente de perfil galeguista. Efectivamente don Alberto debería deixarse “contaminar” algo pola responsabilidade simbólica e institucional do finado. Deixar que o galeguismo brañista informe algo do que el fai e do estilo da xente da que se rodea. Quizais así deixásemos de ver como o PP galego encuma ás máis altas instancias a persoas que levan inoculado o desprezo contra o ser diferencial dos galegos e galegas, personaxes que pasarán a historia negra do autoodio, como o señor Negreira, o conselleiro de Educación e a de Traballo, por citar os exemplos máis evidentes, pero non únicos.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s