BNG vs Fraga


Pedro Pedrouzo Devesa

Manuel FragaCando este número chegue ás vosas casas, o BNG xa terá elixidas as persoas que dirixirán o seu próximo futuro. UPG, +Galiza e irmandiños xunto con centos de independentes que aínda non encontraron acomodo en ningún dos movementos do BNG terán competido pola hexemonía ideolóxica e de poder no nacionalismo galego. Calquera opción que saia victoriosa terá que buscar solución á continua perda de respaldo popular que sofre a fronte nacionalista desde hai xa demasiados anos. Para buscar unha solución haberá que repensarse, esquecer a idea de que as minorías están máis cheas de razón que as maiorías (a única diferenza entre elas non é a razón, senón o número), deixar de repetir que non se deu chegado á poboación ou que non se souberon explicar as mensaxes nacionalistas, baixar do mundo simbólico no que nos gusta movernos, e aclarar as medidas a tomar nunha sociedade complexa na que a sociedade civil (e non os gobernos) son a chave aos problemas que nos asolagan. Aínda así, apena ver que as dúas candidaturas son encabezadas (e/ou dirixidas) por políticos dunha xeración que foi máis que relevada no resto dos partidos peninsulares. Non me imaxino a IU dirixida por Carrillo, nin ao PNV dirixido por Arzalluz, nin a CIU por Miquel Roca. A segunda e terceiras xeracións BNG seguen na adolescencia venerando aos seus maiores, en exceso respectados; estes fixeron máis do que dará feito calquera outra, é certo. Precisamente por iso merecen descansar.

Quen xa descansa definitivamente é Manuel Fraga Iribarne. Ideoloxicamente tan distante, é imposible non recoñecer nel aspectos que se botan de menos na actual xeración política, que creceu baixo a sombra dos construtores da Transición, e creou un sistema que abonou o terreo a centos de aproveitados que viron na política unha forma máis de enriquecerse. Boto en falta ao político de despacho (aínda que a el non o poidamos definir exclusivamente así) que dedicaba o seu tempo a gobernar os seus departamentos, convertidos en acracias nos últimos anos mentres os cargos electos prefiran pasear entre os seus votantes, porque hai que estar cerca da xente e dos seus problemas. A política de gabinete gañou enteiros nos últimos anos. Cada semana, un titular. Existe un difícil equilibrio entre as dúas accións que debe facer un político: coñecer de primeira man as cousas visitándoas, ou enfrentarse aos temidos papeis que condicionan a xestión das decisións. Nos últimos anos decantámonos polo político espectáculo que deixa os asuntos en mans dos seus equipos. Non sei se é o acertado.

A imaxe que Fraga transmitía de Galiza é moi distante e distinta á que transmite o partido que actualmente goberna. Se cadra, porque dentro del cabía todo… incluso as raíces.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Política coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s