Andrómenas engominadas


Daniel López

E cuchufletas rojigualdas, verbigracias florivariadas, gonoverbas e verborreas ( ou, …como vestir un currículo dun alto cargo cando hai moi pouco que dicir?).

Cando o de Roldán faciamos, aquí mesmo, e xa choveu, este tipo de razoamento: que fraude á sociedade a que comete un partido político a quen se lle encomenda, dalgunha maneira, que peneire, forme e ofreza á sociedade os mellores, os máis honestos, os máis capaces, para desenvolveren as máis altas responsabilidades.

Que se pide? Pois, primeiro honestidade –e demais virtudes- e logo estudios – e demais capacidades. O primeiro, o das virtudes, é difícil de medir, pero cando menos que non nos tomen o pelo co dos estudios e outros méritos obxectivos. Iso debería ser delito vestilo de rosa e con volantes.

Xa fora moi comentado o tema de Cuíña , que descanse en paz co seu patrón: como non tiña título académico que presentar puxeran aquilo de “estudos en bioloxía”, fórmula suficientemente ambigua como para disimular a lagoa intelectual do alto cargo. Pepiño Blanco, outro que vai descansar, tamén era dos de “estudos en…” .

Cando o “cachorrismo” partidista se impón, e hai que meter a Perico porque, ademais de ser fillo de Pericán, ten carné desde os quince….daquela entran an acción os gabinetes de comunicación, os maquilladores de currículos.

E andan os da Garda civil cun cabreo fino, porque acaban de poñerlles de director a alguén que disque dificilmente tería os estudios mínimos para entrar no corpo, a un “ferrolán de toda a vida” cun laborioso currículo de gabinete, cheo desas cuchufletas rojigualdas e de diplomas en andrómenas varias, sen mentir, ollo, só pintándoo todo ben, botando algo de pompa e gomina, que lle vai que nin pintada. No currículo que colga o seu partido din que é “funcionario por oposición”, pero sen especificar que é auxiliar administrativo, como se tivera algo de indigno. Non acabou ningún estudio superior, pero no seu currículo figura que é diplomado en non sei cantas cousas, porque ten os correspondentes diplomas de variados cursiños e, por pura etimoloxía: de “diploma”, “diplomado”. Capito?. Rimbombantes graduacións, logo, tales como Diplomado en “Protección y Revestimientos del Acero” por International Paints, nada menos; Diplomado en “Corrosión y su Prevención” etc. E o que máis enfada aos Gardas civís: Diplomado en “Altos Estudios Militares” porque así se pretende “vender” que é un militar experto.

En Galicia, mentres, un 70% dos licenciados universitarios están en paro. Necesitan gomina, un papá e un carné.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s