Chufóns


O fachineiro do emprego.

A.Q.
Si, hai camiños máis clásicos para obter un traballo, que llo digan, se non, a Ricardo Costa segundo as gravacións que puidemos escoitar do caso Gürtel, nas que piaba por unha consellería na Generalitat, esa mesma que non ten para calefacción nas aulas. Porén eu quería compartir co lector -mesmo lectora, se houber- un caso ben distinto. Supoñamos que en lugar de A.Q. me chamase X.C. e devecese por ser Secretario Xeral de Política Lingüística. Que debería facer para conseguir ese emprego? Antes de nada debería contar no meu currículo cun labor de gabanza do actual Decreto que laña o galego no ensino; despois debería acudir a un xornal no que me desen cancha, escribir a doután que iso é o que precisa a nosa sociedade, eloxiar o meu antecesor no cargo, indicar o ben que o fixo, tal como proban as manifestacións en contra do seu labor organizadas polos resentidos de sempre e, por último, subir a aposta, aliñarme sen rubor coas teses oficiais e chantar que, por fin, don Anxo, profeta de Feijoo na terra, trouxera a non imposición e o plurilingüismo a este tan necesitado país. Claro que este método de acceso laboral non está ao alcance de todo o mundo, nin asegura éxito absoluto, pero só hai que ter calma: benaventurados os pacientes porque algún día verán a moqueta de San Caetano.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s