Neonatos


Prometo non facer destes  Rumores un diario da miña filla, pero un nacemento dá lugar a unha serie de experiencias que poderían encher varios tomos desta sección.

Por un pequenísimo  problemiña durante o parto, a nena, nada máis nacer, foi enviada á sala de  neonatos do Hospital de Santiago. Alí estivo pouco  menos dunha semana e, a pesar do susto inicial que supuxo para os pobres pais novatos (a nosa filla non nacera prematuramente), todo foi  sobre rodas.

O que supuxo para nós chegar a ese mundo dos neonatos foi unha auténtica sorpresa. Alí a nosa filla compartiu sala cos meniños e meniñas moi, moi pequenos que, dende a súa pequenez, loitaban pola vida. Nais  que percorrían os quilómetros que había da súa casa ao hospital varias veces  ao día para dar o peito. Pais e nais que, sendo descoñecidos, se achegaban uns aos outros e preguntaban pola saúde do fillo/a e pola situación de cada un dándose ánimos. Pero sobre todo puiden observar o traballo duro e tremendamente fermoso de todos os profesionais que alí estaban. Nunca deixaron de darnos información nin de facilitarnos a vida  nun momento que parece moi  difícil. Sempre cun sorriso nos beizos. Como  lle  dixo un pai a unha enfermeira que estaba alí: Tes o traballo máis bonito do mundo.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s