Anxo Vila


A.Q.

O fachineiro da ecoloxía

Xa ten manifestado o fachineiro a súa escasa confianza en case todo o xénero humano e algúns datos recentes contribúen a afortalar esta idea: Canadá apéase do protocolo de Kioto, Brasil aproba un novo decreto forestal que deita sombras sobre a Amazonia, a palabra que máis acompañou o cumio climático de Durban foi fracaso… Para celebralo, a Xunta quere instalar unha incineradora de residuos no Irixo… Vamos, para dar chimpos polos nosos netos e bisnetos, eses que xa van poder subir ao Everest sen a incomodidade da neve ou van ir tomar o sol ao Ártico. Porén, nesa escasa porción que nos reconcilia co xénero humano hai persoas coma Anxo Vila, que hai dúas semanas finou en Ribeira. Era o patrón do xurelo, o barco de madeira que hai 30 anos se enfrontou aos cargueiros holandeses que guindaban impunemente os residuos nucleares na foxa atlántica (e aí seguirán durante varios miles de anos a 700 km. de onde poñemos a toalla en agosto). Foi o único que se atreveu a guiar un barco contra aquel despropósito, acompañado por tripulación de políticos, ecoloxistas e xornalistas. Nel tamén ía un mozo chamado Manolo Rivas e mais o fotógrafo Xosé Castro, autor das fotos que deron a volta ao mundo e ás conciencias. Dous anos despois prohibíronse os verquidos.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s