Feijoo. Austeridade cinco, Galicia cero.


Hai quen comeza a falar dun adianto electoral en Galicia. Malia os desmentidos oficiais, son cada vez máis quen suxiren a próxima primavera como data factible a celebración dos comicios autonómicos. O resultado das recentes eleccións xerais, que indicarían un reforzo da maioría absoluta do PP e un retroceso das forzas da oposición, avalarían esta hipótese. A situación de socialistas e nacionalistas, sumidos na actualidade nunha forte tensión interna, cun programa político discutido e sen decidir o líder cos que se presentarán nas urnas, non faría máis que reforzar estas previsións.

Quen o diría! Mais pasado o ecuador da lexislatura xa se dá por esgotada a acción do goberno popular. Dous anos e medio despois de que Feijoo iniciase a xeira de vitorias electorais do PP no Estado, cumpriría facermos unha seria revisión dos seus logros. Para Rajoy foi o modelo de xestión popular fronte a crise, xunto coa recentemente elixida Cospedal en Castela A Mancha.

Galicia despide o 2011 como a Comunidade Autónoma onde, porcentualmente, máis subiu o desemprego e na que máis ERE se produciron. Destrución de emprego e parálise económica. Sendo xustos, esta crise non é culpa de Feijoo. Mais se de economía se trata, os seus dous anos poderíanse cualificar no estreito abano que vai da inoperancia á invisibilidade. Galicia segue a crecer máis tarde có resto do Estado e a notar a crise cun ano de desfase. Por iso agora si que somos a Comunidade-número-un, pero no malo, nas consecuencias negativas da crise. E que se pode dicir da conselleira do ramo? Alguén sabe o nome? Nin goberno de tecnócratas nin de políticos, ulo? Simplemente un goberno minguante nun proxecto de “Galicia cero”.

Ben, non todo foi negativo: o goberno Feijoo permitiunos redescubrir o dicionario e lembrounos que o léxico é importante, xa que quen escolle os termos no debate xa o ten orientado ao seu favor. Así descubrimos que as linguas podían ser cordiais e as aulas plurilingües, o que en realidade era un programa de desprotección da lingua galega en xeral e no eido educativo en particular. Incorporamos o termo ensimesmada para falar da cultura galega, coartada para unha nula política cultural e recortes das axudas. Escoitamos as proclamas pola galeguidade do sector financeiro, é dicir, a desaparición de toda institución financeira galega. E chegamos ao cerne, ao mantra continuo do seu goberno: á austeridade. Pero agora resulta que con recortar só non abonda. E nesas estamos, desgobernados.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Editorial. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s