Do Pedregal á Veiga do Olmo todo é Miño, todo é noso!


XXXV Romaxe de Crentes Galegos

Xosé María Gómez Vilabella

O pecado está neses eucaliptos do fondo, que por algo lles dan as costas esas beatas da fotografía. A virtude está nas rochas da morena do glaciar, do glaciar de Irimia, nacemento do Miño, nacemento das nosas Romaxes. Estas son as pedras grandes, aquelas coas que non puideron as meigas da Serra de Meira cando as tiveron que utilizar para defenderse dos cistercienses, que seica as querían pasar pola pedra… iso, antes de pasalas polo altar! Un problema: as meigas querían casar, e os frades, cos seus votos, cos seus hábitos… o eterno dilema da carne!

Aló van TRINTA E CATRO ROMAXES, que se di pronto! Para o ano próximo a XXXV, e tócanos esta honra aos de Castroverde: a ver cómo nos portamos!

Por estas romaxes desfilou a honra e maila prez da nosa Gallaecia: sabios e santos, teólogos e discípulos, mozos e vellos…, que honraron a Deus coa sinxeleza e coa verdade, dous atributos escasos, pero non nestas celebracións, e por ende, na nosa terra! Qui te de paradísi fonte manáre fecit, et in quátuor flumínibus totam terram rigáre praecépit!

Para comezar, eu xa recollín unha pedra desas da Serra de Meira para levala comigo á Veiga do Olmo e presentala nese día, como ofrenda. Que por qué e para qué? Moi sinxelo: para facerlle un exvoto ao río Chamoso, ao Flammoso, que é ese fillo do Miño ao que debemos que o noso Castro sexa o máis Verde de toda a cunca! Con isto heille pedir que conserve verde o meu país, pero só o país, sen prexuízo de que madure, cal trigo flamexante, aquel que o precise, se é que quedan almas verdes!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Noso taboleiro, Romaxe. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s